Axenda · Un Gusto de Rural, Un Rural Degusto – A Pontenova
Un Gusto de Rural, Un Rural Degusto – A Pontenova
🐴 Un Gusto de Rural, Un Rural Degusto – III Rapa das Bestas.
📍 A Pontenova. Locais de hostelería da vila.
📅 Venres 17 🕒 a partir das 20:00 h.
ℹ️ Inclúe degustacións gratuítas de mini hamburguesas de cabalo de Pura Raza Galega nos locais asociados (Cafetería Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Bar Barreiros, Rony Bar e Sidrería A Mina) e sorteo ás 00:30 h no Rony Bar para quen sele a tarxeta en todos os establecementos.
O sábado 18 trasládase ao Alto de Neipín coa entrada ó curro (11:30 h), sesión vermú con Bombardero (13:30 h) e demostración de doma e exhibición ecuestre con Magie Dance (16:30 h). O xantar será con Pulpería Suso (xamón cocido, churrasco, pulpo, sobremesa e bebida) por un prezo de 35€ o ticket. Prazas limitadas con reserva no teléfono 633 913 203 (Noelia).
🏢 Organiza: Equuus Norte (en colaboración co Concello da Pontenova, Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e PURAGA).