Axenda · Taller de cestería en Casa Albaredo

Taller de cestería en Casa Albaredo

Obradoiros
Pedrafita do Cebreiro
28 de Agosto de 2026
10:00
Casa Albaredo - Pedrafita do Cebreiro
Casa Albaredo

Taller de cestería do 28 ao 30 de agosto en Casa Albaredo.

Serán tres días para aprender, creaer e desfrutar da natureza. Da man de Antonio González Galván descubrirás técnicas tradicionais do esparto e elaborarás a túa propia peza.

Aloxamento e comidas incluídas.

Para todos os niveis.

Os obxectivos:

  • Elaboración de cordas de esparto.
  • Técnicas de trenzado e pleita.
  • Traballo con esparto machacado e en crú.
  • Consellos e acompañamento personalizado.

Crearás unha peza funcional como un cesto para a leña ou un canastro tradicional. O taller farase ao aire libre, en contacto coa natureza.

O prezo (440€ por persoa) inclúe:

  • 2 noites en habitación dobre.
  • 2 almorzos, 2 comidas e 2 cenas vegetarianas.
  • Aperitivo de benvida.
  • Taller completo e materiais.

O taller farase cun mínimo de seis persoas.

Se prefires aloxarte noutra estancia e participar soamente no taller, este ten un custo de 140€ os tres días por persoa.

Contacto nos teléfonos: 658 526 668 (Petra) ou 622 13 30 66 (Antonio). Tamén no correo hola@casa-albaredo.com