Axenda · Storytelling de territorio: IXP Terras do Navia, definir, redactar e activar
Storytelling de territorio: IXP Terras do Navia, definir, redactar e activar
🗓️ Vernes, 27 de marzo I 18:00 h – 21:00 h
📍 Casa Sidrón, Pieiga 1, Negueira de Muñiz, Lugo
Un encontro práctico pensado para persoas propietarias de adegas, persoas produtoras agropecuarias, profesionais da hostalaría e persoas emprendedoras que queren aprender a contar mellor o valor do que fan e do territorio que representan.
Ao longo da sesión, organizada polo Polo de A Fonsagrada, descubriremos como o storytelling pode transformar produtos en historias que conectan coas persoas. A través de exemplos inspiradores e dinámicas participativas, traballaremos xuntos para definir a esencia da IXP: a súa proposta de valor, posibles lemas de marca e o estilo de comunicación que transmitirá a identidade das Terras do Navia.
Será un espazo colaborativo para converter a identidade do territorio en mensaxes claras, emocionais e memorables, e tamén para dar un paso máis: traducir esas historias en accións concretas que axuden a impulsar e proxectar a marca.
Remataremos construíndo entre todas as persoas participantes un mapa narrativo colectivo do viño e das Terras do Navia, unha base de ideas e relatos que servirá para comunicar mellor o territorio, os seus produtos e a súa autenticidade.
Programa
- 18:00- Benvida e presentación da actividade e participantes.
- 18:10- Taller participativo: Definir a proposta de valor da IXP
- 18:40- Taller participativo: construír un claim
- 19:15- Taller participativo: identidade verbal
- 19:50- Dinámica de síntese: identificar posibles liñas de activación e proxección da marca
- 20:30- Definición conxunta plan de avance, seguintes pasos e conclusións
- 21:00- Peche da sesión.