Axenda · Ruta da Guerrilla
Ruta da Guerrilla
Roteiro
As Nogais
30 de Novembro de 2025
10:00
Torés - As Nogais
Grupo de Figuración Histórica Torre de Torés e Naviaventous
O día 30 de novembro temos unha cita especial en As Nogais: unha ruta circular de 13 km que percorre os lugares máis emblemáticos da parroquia de Torés, escenario de feitos clave ligados á guerrilla antifranquista.
Haberá representacións históricas e teatralizadas ao longo do percorrido, para mergullarte de verdade no que aconteceu neste territorio.
Un plan perfecto para quen lle gusta camiñar, aprender e conectar coa memoria do noso rural.
O prezo é de 20€ por persoa.
Para reservar a túa praza podes poñerte en contacto con Carlos (de Naviaventours) no 652514029 ou con Hugo (do Grupo de Figuración Histórica Torre de Torés) no 68239137.