Axenda · Retiro de Ioga

Retiro de Ioga

Outros
Pedrafita do Cebreiro
28 de Novembro de 2025
10:00
Zanfoga - Pedrafita do Cebreiro
Casa Albaredo

Gustariache facer un retiro de ioga?

Nun lugar cheo de calma, entre montes e néboas, convidámoste a facer unha pausa para tratarnos con cariño, deixar ir o que xa non merece a pena e abrir espazo para todo o que desexamos recibir.

Este retiro é unha oportunidade para reconectar contigo mesma/o, recoller o aprendido durante o ano e chegar ao 2026 con máis claridade, presenza e enerxía para crear a vida que queres.

Unha fin de semana para respirar, soltar e volver ao esencial.

Retiro de ioga en Casa Albaredo (Pedrafita do Cebreiro), do 28 ao 30 de novembro

Para máis información contactar con eles no teléfono: 685 855 768