Axenda · Piornedo Anda: Ruta O Chao das Penas (Eclipse e Bágoas de San Lourenzo).
Piornedo Anda: Ruta O Chao das Penas (Eclipse e Bágoas de San Lourenzo).
Piornedo ANDA tamén se suma ó evento do ano, o eclipse de sol e perseidas, e para celebralo organizan unha pequena e interesante rutiña onde se combina a etnografía da zona coa observación do astro rei e as estrelas.
🥾 Piornedo Anda: Ruta O Chao das Penas (Eclipse e Bágoas de San Lourenzo).
📍 Piornedo, Cervantes (saída dende a Palloza Museo “Casa do Sesto”). 📅 12 de agosto de 2026. 🕒 17:00 h (duración estimada: 6 horas). ℹ️ Ruta etnográfica polo monte de Ancares para contemplar o eclipse solar e as Perseidas (Bágoas de San Lourenzo). É necesario levar bocadillo para a cea, e recoméndase levar pantalón longo, botas, linterna, roupa de abrigo para a noite, bañador e toalla (haberá un momento para darnos un baño antes do eclipse). A actividade ten un prezo de 20 € por persoa. Para información e reservas pódese contactar nos teléfonos 630411518 ou 659523911. 🏢 Piornedo Anda.