Axenda · Obradoiro de deseño de itinerarios temáticos

Obradoiro de deseño de itinerarios temáticos

Obradoiros
A Pontenova
23 de Setembro de 2026
Salón de actos da Casa da Cultura, A Pontenova.

Como podemos conectar os recursos da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón para crear novas experiencias turísticas?

O 23 de setembro, na Pontenova, levarase a cabo un obradoiro práctico e colaborativo para deseñar 3 itinerarios temáticos interautonómicos na Reserva.

Traballarase sobre tres grandes eixes: 🌿 Natureza e paisaxe 🧀 Gastronomía e produción local 🏛️ Cultura e etnografía

A idea é conectar recursos, experiencias e persoas do territorio para crear propostas turísticas que poidan desenvolverse e probarse posteriormente.

Se formas parte do sector turístico da Reserva, esta é unha boa oportunidade para compartir a túa experiencia, coñecer outras iniciativas e contribuír a construír novas propostas!

📅 23 de setembro | 9:30–18:00 h 📍 Salón de actos da Casa da Cultura, A Pontenova 🎟️ Actividade de balde | Prazas limitadas

✍️ Inscrición previa obrigatoria: http://forms.gle/ww69M4pHnt8PDZwM8