Axenda · O val do ser, a vista de paxaro – Sons na Palleira

O val do ser, a vista de paxaro – Sons na Palleira

Outros
Cervantes
11 de Xullo de 2026
20:00
Vilaquinte - San Román de Cervantes
Sons na Palleira e Casa do Crego

Sons na Palleira organiza experiencias que se sinten, para vivir o verán como nunca no territorio.

O 11 de xullo en San Román de Cervantes, na Casa do Crego, terá lugar a experiencia “O Val do Ser, a vista de paxaro”. A partir das 20.00h será a entrada á experiencia.

Ás 21.30h concerto e cata de produtos locais. O prezo é de 30€ por persoa e os socios poderán levar un acompañante gratis ao concerto. Para a cata terán que poñer 10€.

Venda de entradas na plataforma de kadelica a partir do 1 de xuño. As prazas son limitadas.