Axenda · Mallega – Piornedo

Mallega – Piornedo

Festas
Cervantes
5 de Setembro de 2026
11:00
Piornedo, Cervantes.
Teitos de Piornedo.
🌾 MALLEGA EN PIORNEDO 🌾
Os días 5 e 6 de setembro volvemos celebrar a Mallega de Piornedo, unha fin de semana para recuperar e compartir os labores e costumes tradicionais arredor do centeo 🌾
📅 Sábado 5
🕚 11:00 h — Mallega e escolmado nas liñeiras.
📅 Domingo 6
🕛 12:00 h — Obradoiro de escolmado e obradoiro de brincallos.
🕐 13:00 h — Coloquio: “O traballo do centeo e a conservación das pallozas”.
🕕 18:00 h — Concerto de A Quenlla 🎶
🍔 Haberá tamén hamburguesas de Carqueixa, o sabor dos Ancares.
📲 É necesario anotarse previamente. Inscricións no WhatsApp: 630 411 518.
🌧️ IMPORTANTE: todas as actividades estarán condicionadas pola meteoroloxía, polo que a celebración dependerá de se as condicións permiten realizalas.