Axenda · III Concurso de Tapas de Becerreá

III Concurso de Tapas de Becerreá

Outros
Becerreá
28 de Novembro de 2025
19:30
Becerreá
Concello de Becerreá

O III Concurso de Tapas de Becerreá celébrase do venres 28 de novembro ao domingo 30.

Poderanse degustar as tapas nos establecementos: A Lareira, Coco Loco, Cuatro Caminos, Nicoleta, O Rincón, O Rincón de Ancares, Pistón, Rivera, Stop e Villapún. O prezo da tapa será de 3,5€.

Os horarios son:

  • Venres de 19:30h a 23:30h.
  • Sábado de 12:30h a 15:30h e de 19:30h a 23:30h.
  • Domingo de 12:30h a 15:30h e de 19:30h a 23:30h.