Axenda · Galicia, porta da entrada da eclipse – DTS Ancares Lucenses

Galicia, porta da entrada da eclipse – DTS Ancares Lucenses

Xornadas
Navia de Suarna
14 de Maio de 2026
09:00
Navia de Suarna
Axencia de Turismo de Galicia, Deputación de Lugo e Reserva da Biosfera Ancares Lucenses

Xornada divulgativa “Galicia, porta da entrada da eclipse – DTS Ancares Lucenses”, unha cita para descubrir máis sobre a eclipse total de sol que poderá observarse o 12 de agosto de 2026.

📍 Salón de Plenos da Casa do Concello de Navia de Suarna.
🗓️ 14 de maio de 2026.
🕘 De 9:00h a 14:30h.
🎟️ Actividade gratuíta con prazas limitadas. Inscricións: 📩 ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 📞 982 227 813.

O programa constará de:

09:00h – Benvida.
09:15h – Charla coloquio “Astronomía básica dunha eclipse e observación segura”, por Begoña Estévez e Antonio Pazos, monitores Starlight.
11:00h – Presentación oficial da xornada.
11:35h – “Fotografía da eclipse” por Fernando Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica certificado pola Fundación Starlight.
12:45h – Práctica de fotografía da eclipse e observación solar. Simulacro da eclipse.
14:30h – Peche da xornada.

Os Ancares Lucenses forman parte dos Destinos Turísticos Starlight de Galicia, recoñecidos pola calidade dos seus ceos e polo seu potencial para desenvolver un astroturismo sostible. Porque mirar ao ceo tamén é unha forma de descubrir o territorio.

Isto é unha actividade da Axencia de Turismo de Galicia, en colaboración coa Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses.