Axenda · Festas da Fonsagrada 2026

Festas da Fonsagrada 2026

Festas
A Fonsagrada
4 de Setembro de 2026
19:30
A Fonsagrada.
Comisión de Festas da Fonsagrada.

🎉 Festas de Setembro da Fonsagrada.

📍 A Fonsagrada (vila, Campo da Feira e O Pastizal).

📅 Do 4 ao 6 e o 8 de setembro de 2026.

 ℹ️ A vila da Fonsagrada celebra as súas Festas de Setembro cunha completa programación musical e tradicional. O venres 4 arrinca ás 19:30 h con tardeo a cargo de DJ Ello e verbena ás 23:00 h coa Orquesta Cinema e Hermo Truck.

O sábado 5 acolle a Feira do Gando (concurso ás 8:00 h e subasta de ACRUGA ás 12:00 h), sesión vermú e tardeo co DJ Valiño na Praza do Concello, e gran verbena nocturna con Panorama City, Alma Latina e DJ Valiño.

O domingo 6 celebrarase a Xira Campestre no Pastizal con sesión vermú (13:30 h), tardeo con Tania y su acordeón e xogos populares e tradicionais.

🏢 Comisión de Festas da Fonsagrada (coa colaboración do Concello de A Fonsagrada).