Axenda · XXXIV Festa da Malla – Meira
XXXIV Festa da Malla – Meira
🌾 XXXIV Festa da Malla de Meira – Día 22.
📍 Praza Maior (Meira). 📅 22 de agosto de 2026. 🕒 A partir das 12:30 h. ℹ️ Primeira xornada desta Festa de Interese Turístico de Galicia. A partir das 12:30 h haberá proxección do documental «Festa da Malla de Meira: 33 anos de tradición nas mans», asentamento de maquinaria, construción da meda e obradoiro de pan. Contará tamén co pregón a cargo do historiador e escritor Ricardo Polín e actuacións de grupos musicais locais. Entrada libre. 🏢 Asociación Amigos da Malla de Meira e Concello de Meira.
🌾 XXXIV Festa da Malla de Meira – Día 23.
📍 Campo da Malla (Meira). 📅 23 de agosto de 2026. 🕒 Durante todo o día. ℹ️ Xornada principal da recreación da malla tradicional con exposición de maquinaria antiga, mostra de artesanía, xogos infantís, degustación do cocido típico da malla (con agasallo dun prato de barro) e queimada. A música correrá a cargo da Banda de Acordeóns de Meira, Banda de Gaitas da Escola de Música de Meira, A Volta do Agro, A Chocolateira, Dúo Muralla, Fiandola e Ardentia. 🏢 Asociación Amigos da Malla de Meira e Concello de Meira.