Axenda · Feira do Troco e do Aproveitamento – Fonteo (Baleira)

Feira do Troco e do Aproveitamento – Fonteo (Baleira)

Feira
Baleira
6 de Setembro de 2026
Fonteo, Baleira.
Asociación Mulleres Rurais Costureiras Terras do Eo.

🔄 Feira do Troco e do Aproveitamento.

📍 Fonteo, nacemento do río Eo (Baleira).

📅 6 de setembro de 2026.

🕒 Horario de mañá.

ℹ️ Fonteo acolle unha nova edición desta feira mensual pensada para intercambiar, reutilizar e dar unha segunda vida a obxectos en bo estado que xa non se usan (libros, roupa, ferramentas, sementes, plantas, xoguetes, mobles pequenos, decoración, material escolar ou artesanía).

Trátase dunha iniciativa de balde, sen ánimo de lucro e aberta a toda a veciñanza para reducir residuos, coidar o planeta e fomentar os lazos comunitarios.

🏢 Asociación Mulleres Rurais Costureiras Terras do Eo.