Axenda · Entroido Fuliqueiro
Entroido Fuliqueiro
Ponte a recuperar o Entroiro como se vivía antes na zona de Navia de Suarna, pasando polos pobos, visitando as casas e facendo troula.
Dende a Asociación Xuventude do Navia xunto coa Irmandade Naviega, organizan esta actividade coa finalidade de pasar un día ben divertido.
Este ano parroquia escollida é a de Villarpandín e a ruta será así:
Saída de Navia ás 16:00h, e de aí sairemos no bus facendo paradas en:
Villarpandín – Virigo – Silvouta – Villaverde
En cada pobo baixaremos, pasearemos, visitaremos aos veciños/as e xunto á AC Deiquí que acompañará coa súa música no percorrido
Ao rematar a ruta, volta para Navia, onde se continuará cunha ronda polo pobo e polos bares.
💡 Moi importante:
O autobús é gratuíto, pero as prazas son limitadas. Para apuntarvos, podedes escribir ao correo electrónico xuventudedonavia23@gmail.com ou falar directamente con calquera membro da asociación.