Axenda · Concurso de Fotografía e Slogan da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Concurso de Fotografía e Slogan da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Outros
17 de Xullo de 2026
Territorio da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón.
Asociación Montes e Vales Orientais GDR3-MONTAÑA DE LUGO

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E SLOGAN
Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Sube unha fotografía ou un slogan inspirado na Reserva e participa nesta iniciativa para poñer en valor a súa riqueza paisaxística, natural, cultural e humana.

Como participar? Accede a través da ligazón bit.ly/ConcursoRBRioEo, unha vez te rexistres completa o formulario de inscrición e elixe como queres participar: con fotografía, con slogan ou con ambas modalidades. Podes presentar ata dúas fotografías e dous slogans, e subir todas as túas propostas nunha única inscrición.

As mellores propostas recibirán unha experiencia turística para descubrir o territorio da Reserva.

Prazo aberto ata o 17 de xullo de 2026 ás 23:59 h.
Participación de balde e aberta a persoas maiores de 16 anos.