Blog · Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar sobre como aprendemos a relacionarnos coa natureza e, tamén, sobre como viaxamos. En territorios de montaña como Ancares Terras de Burón, a educación ambiental é unha práctica diaria, experiencia compartida e coñecemento que se transmite camiñando, observando e escoitando.

Neste camiño, Ancares Terras de Burón forma parte da rede Soy Ecoturista, unha iniciativa estatal que agrupa destinos que entenden o turismo como unha ferramenta de educación ambiental. Viaxar, desde esta perspectiva, convértese nun acto consciente: aprender a ler a paisaxe, respectar os ritmos naturais, apoiar ás comunidades locais e comprender que cada decisión como visitante ten impacto no territorio.

Ser destino ecoturista implica tamén educar mentres se viaxa, ofrecer experiencias que conectan coa natureza e transmiten valores de conservación, algo que encaixa plenamente coa aprendizaxe que nace da montaña.

A montaña como aula aberta

A montaña ensina sen manuais a entender os ritmos da natureza e a respectar o silencio. Cada sendeiro e cada aldea garda aprendizaxes que só se activan se miramos con atención.

Viaxar por Ancares é entrar nunha aula aberta:

  • Aprendemos porqué é importante conservas os ecosistemas.
  • Entendemos a relación entre actividade humana e territorio.
  • Descubrimos que o patrimonio natural e cultural van da man sempre.

A educación ambiental aplicada ao turismo ten moito que ver con como viaxamos: escoller destinos que aposten pola conservación e o respecto do medio, apoiar proxectos locais que manteñen vivo o territorio, reducir o impacto das nosas visitas adaptándonos ao lugar e non ao revés e comprender que non todo é un consumo rápido.

Neste sentido, o ecoturismo convértese nunha ferramenta clave de aprendizaxe. Non só ofrece experiencias na natureza, senón que axuda a crear conciencia, vínculo e responsabilidade.

Aprender hoxe para coidar mañá

Celebrar o Día Mundial da Educación Ambiental é lembrar que cada visita deixa pegada. A boa noticia é que tamén pode deixar aprendizaxe, respecto e coidado. Viaxar de maneira responsable non é renunciar a nada, senón gañar unha experiencia máis profunda e consciente.

Desde Ancares Terras de Burón convidámoste a seguir aprendendo da montaña, a viaxar con mirada ecoturista e a formar parte dunha comunidade que entende o turismo como unha oportunidade para conservar, educar e compartir.

Aquí, a educación ambiental está presente nas experiencias que conectan co territorio: camiños históricos, tradicións vivas, gandería extensiva, observación da fauna, enoturismo de montaña ou propostas que invitan a descubrir o patrimonio con todos os sentidos.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...
chaodopousadoirojpg
Xeodestino

Paraxes e áreas onde refrescarse no verán

Cando a calor aperta no verán, unha das mellores opcións para refrescarse dentro do noso Xeodestino é acudir...
WhatsApp-Image-2025-08-08-at-12.17.16-scaled
Xeodestino

Torés Escapado 2025: a memoria que revive

O vindeiro 9 de agosto, a pequena aldea de Torés, no concello das Nogais, volverá transformarse nun escenario...