Blog · A 1ª Andaina Xubileo Ancares celebrouse entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla

A 1ª Andaina Xubileo Ancares celebrouse entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla

1ª Andaina Xubileo Ancares, celebrada o pasado domingo 9 de febreiro, foi un auténtico éxito de participación e ambiente. Ducias de persoas se animaron a achegarse a Becerreá para realizar a peregrinaxe entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla, nunha proposta lanzada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais coa intención de ir dando a coñecer os catro lugares de peregrinación existentes no Xeodestino Ancares Terras de Buron que permiten ganar o Xubileo que se celebra neste ano 2025.

As persoas asistentes puideron coñecer de primeira man os dous templos que serviron de saída e meta a esta ruta poñendo en valor os recursos e tradicións locais existentes na zona e que teñen un gran interese e atractivo para a xente que visita o territorio. É por iso que é labor de todos coidar e conservar os legados culturais e naturais que deixaron os nosos antepasados.

A peregrinaxe, ademais dunha importante parte cultural, lúdica e deportiva, tamén a tivo gastronómica, xa que os asistentes puideron desfrutar dunha degustación de produtos da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’ para recuperar forzas logo da andaina.

Natalia, da Herboristería San Juan, seleccionou unha mostra dos produtos locais que vende no seu establecemento; María, da gandería Vianesas D’acolá, preparou unha degustación dunha saborosa lingua estofada, que se acompañou con zumes das Ribeiregas e Cervexas Píntega, que tirou Juan Pablo. Así mesmo, tamén houbo empanadas de Branca de Nullán e as tortillas que fixo Pepita cos ovos que comercializa baixo a marca O Retiro.

Menudas delicias que temos na Cociña de  Ancares Terras de Burón!

Próxima cita

GDR Montes e Vales Orientais xa está preparando a seguinte xornada de peregrinación, que se celebrará o vindeiro de 22 de marzo e que terá como meta o santuario de San Bernabé, en Baleira. Trátase dunha pequena capela de planta rectangular e con presbiterio da mesma forma, maior mesmo que a propia nave, que se atopa na parroquia de Santiago de Martín, a uns 20 quilómetros do centro do Cádavo. Feita con muros de mampostería de pizarra, a súa festividade celébrase o 11 de xuño. Atópase moi preto do Camiño Primitivo, que pasa polo centro de Baleira.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...